Obxectivo xeral

Deseño e implementación de axentes conversacionais telefónicos que incorporan a dimensión de xénero mediante mecanismos que non permitan interaccións inadecuadas, violentas ou que reforzan estereotipos.

 

Obxectivos específicos

  1. Desenvolver mecanismos de control e xestión no fluxo do diálogo que permitan reaccións correctas ante interaccións inadecuadas ou violentas.
  2. Definir unha guía de boas prácticas de deseño de axentes conversacionais que favorezan a comunicación verbal con persoas de ambos os dous xéneros, á vez que eviten o reforzo de estereotipos e nesgos de xénero.
  3. Deseño dun axente conversacional que a través dunha conversación natural, permita obter información do estado cognitivo da persoa usuaria,solicitando para iso a execución dunha serie de tarefas verbais.

 

Caso de uso

Plataforma para a automatización do cribado de deterioración cognitiva leve utilizando axentes conversacionais intelixentes.