Inicio

 

Axente conversacional feminista orientada á diagnose do deterioro cognitivo lixeiro (FRIDA)

Neste proxecto propoñémonos deseñar unha axente conversacional por voz (tamén denominada chatbot por voz ou simplemente chatbot) feminista orientada ao diagnóstico do deterioro cognitivo lixeiro mediante a análise de conversacións da chatbot con pacientes. Entre os fins estarán, por unha banda, a definición dunha guía de boas prácticas no deseño de chatbots por voz. E por outro, que o deseño do chatbot realizarase de tal forma que evite os sesgos de xénero.